Do destino do edificio da antiga Delegación de Sanidade. A prestación dun mellor servizo aos cidadáns esixe unha distribución racional e axeitada dos espazos físicos destinados a tal fin. A falla de espacio suficiente no novo edificio supuxo que algúns servizos non foran trasladados a el, polo que compre unha reordenación dos mesmos. A petición do persoal afectado, conseguimos da anterior Administración o compromiso por parte de Vicepresidencia, Sanidade e da secretaría xeral e do Patrimonio de trasladar alí determinados servizos. Apostábamos por facer da antiga sede de Sanidade un centro de prestación de servizos sociais e sanitarios de carácter administrativo. Poren, o anterior conselleiro Méndez Romeu, decidiu que fose ocupado pola Fiscalía. Hoxe está proxectada unha nova sé xudicial na Parda, polo que recuperar a antiga Delegación de Sanidade para concentrar servizos hoxe dispersos debería ser a meta dunha administración moderna que se rexe polos principios de eficiencia e eficacia.

Da posta en marcha dos servizos médicos no edificio.

Das medidas paliativas ou correctoras dos defectos estructurais do edificio administrativo.

Da posta en marcha de medidas relativas ao control da actividade das asistencias técnicas, especialmente no Departamento Territorial de Medio Rural (Moción de febreiro de 2009 do Tribunal de Contas ás Cortes Xerais).

De dar cumprimento á lei 4/2006, de 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas e dar conta aos traballadores do número de asesores e persoal eventual existente no edificio administrativo e o seu custe. Queremos salientar que 1 asesor=1.000 auxiliares. O custe medio dun asesor (persoal eventual) é igual ao incremento salarial do 0,3% (asinado por CCOO, UGT e CSIF) de todos os traballadores do edificio.

Da supresión das conductas ostentosas dos cargos públicos en tempos de crise. Reducción do despacho e dependencias do delegado. Este delegado remodelou o seu despacho e as dependencias da Delegación Territorial incrementando nun 300% o espazo con respecto ao da anterior delegada, coa contravención, a maiores, da disposición de orientar os despachos cara ao interior. Pedimos unha reducción da multitude de cubículos orientados cara ao exterior para albergar aos seus asesores, como medida real e simbólica da austeridade pregonada polo PP.

Pero Tourís non quere falar de nada disto. Despois de solicitar 4 veces unha entrevista con el, e de que nos citaran 2 veces sen que ao final aparecese, decidimos pór no teu coñecemento a actitude deste personaxe.

A pesar de ter atribuídas, polo Decreto 245/2009 onde se regulan as delegacións territoriais, as competencias relativas á xefatura de persoal da delegación territorial, el prefire inhibirse.

Prefire inaugurar beirarrúas ou frecuentar a Feira do grelo. Prefire facerse ver e preparar as próximas municipais antes que escoitar e solucionar os problemas que afectan aos empregados e servizos públicos de Pontevedra.