O Comité considera que manter esta situación pola Xunta de Galiza é un privilexio que non se corresponde cos tempos de austeridade e recorte de dereitos e salariais que está a padecer o conxunto de empregadas e empregados públicos. Mesmo socialmente cando asistimos a desafiuzamentos tódolos días de persoas sen recursos, é un insulto a toda a sociedade que un director siga a gozar dun privilexio establecido en tempos pretéritos e baixo outra situación totalmente distinta á actual.

O comité propuxo no seu día que un dos destinos posibles destas instalacións públicas pasen a ser unha Escola Infantil para os fillos/as dos/das traballadores/as da R.M. de Oleiros e de todas aquelas outras persoas da comarca que o soliciten.

Na imaxe pode verse unha vista aérea das instalacións do centro usadas con carácter privativo por parte do director como vivenda particular