A Xunta de Galiza, reservase os postos de dirección e control mas os de tramitación e servizo non lle importa por quen son prestados. As dramáticas situacións persoais e familiares que a nosa sociedade está a viver non serán atendidas polo persoal especializado que a Lei e a profesionalidade establecen e son vistos como simples expedientes administrativos. O persoal cualificado e experimentado en atención social é cambiado da súa unidade de forma arbitraria, cando non lle amortizan o seu posto.

Dende a CIG de Traballo e Benestar da Coruña queremos denunciar públicamente este tipo de actuacións tan abusivas e prepotentes da Administración en canto supoñen para os e as traballadores/as un uso arbitrario da potestade organizativa que modifica unha estructura que funciona de forma adecuada e acorde á legalidade.

Sen ofrecer nen a tan recorrente motivación económica nin organizativa de ningún tipo. E por isto que cremos que estamos ante outro pasiño máis na inexorable remodelación da atención dos servizos públicos que pretende facer a Xunta de Galiza: o abandono dos servizos públicos en mans de xestores privados e isto abarca desde o persoal que os presta até aqueles/as que establecen os recursos máis adecuados e que unha sociedade moderna non debera deixar de atender.