Tras o boletín especial sobre o acordo salarial pactado en Madrid para o ano 2010, nesta ocasión o boletín da CIG-Autonómica de outubro, entre outros temas de interese, fai unha ampla exposición do que consideramos unha adecuada proposta de acordo económico, dirixida a conseguir unha recuperación do poder adquisitivo perdido nestes anos.

Así mesmo, esiximos que se abra de inmediato unha mesa de negociación para unha nova Lei da Función Pública Galega para desenvolver a carreira profesional, racionalizar e mellorar as condicións de traballo do persoal laboral e funcionario ao servizo da Administración.