Se queres participar no curso Lei de subvencións de Galiza , onde, entre outros, se tratarán os aspectos xerais da xestión orzamentaria no que ás subvencións se refire  e os seus casos especiais de pagamento a conta, tramitación anticipada e compromisos futuros..., inscríbete e achega a túa instancia ás instalacións de FORGA en Vigo. Pretendemos  que o seu inicio sexa de xeito inmediato, sendo as 30 horas de duración a desenvolver en quenda de tarde.