Outras informacións e conflitos xerais

Dende CIG continuamos a loitar polo recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal polo que durante esta semana levamos a cabo reunións cos grupos parlamentarios que responderon á petición de reunión dos representantes da CIG (PP, AGE e BNG).

O venres 27 de febreiro reunímonos co grupo parlamentar do Partido Popular. Na xuntanzas defendemos a existencia dun marco legal claro para o establecemento da categoría de Bombeiro Forestal. O grupo do PP considerou a nosa proposta e dixo que a ían estudar.

O luns 2 de marzo reunímonos co grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda e co Bloque Nacionalista Galego e tamén lles plantexamos a petición de recoñecemento da categoría de Bombeiro Forestal e indicámoslle a existencia dun marco legal que permite o recoñecemento.

Tanto AGE como BNG responderon positivamente e comprometéronse a rexistrar proposicións parlamentares similares ás elaboradas en Estremadura e Aragón para que se poida votar no Parlamento Galego o recoñecemento da Categoría de Bombeiro Forestal.

Dende a CIG valoramos positivamente os encontros e consideramos que é un grande paso de cara á consecución dun recoñecemento profesional que non ten custe económico para a Administración e que supón unha revalorización do persoal do SPDCIF e dos recursos disponíbeis