Informa a CGT que se quedou soa na Xunta de Persoal da Provincia de Pontevedra do mercores 11 de novembro solicitando o cesamento dun Xefe Territorial. A este respecto a CIG manifesta que é falso, pois houbo tres propostas distintas, das que saiu adiante a da CIG, consistente en enviar un escrito a dito Xefe Territorial reprobando as suas afirmacións en base a duas ideas: a proporcionalidade e a antiguidade do escrito (mes de abril).

O Código de Hammurabi, ese do "ollo por ollo, dente por dente", tan denostado hoxe e que simboliza á unha xustiza cruel, foi sem embargo na súa época a primeira codificación progresista no mundo do dereito. Este código establecía unha relación entre o delicto e a pena. Non tiña sentido que por roubar galiñas cortáranche unha man e por matar a unha persoa tamén. Esta adecuación da pena ao delicto danos unha idea de que houbo un esforzo intelectual para comprender que debe existir unha gradación entre as accións a tomar en función dos feitos que as xeneran. Pedir, como fixo o mercores a CGT na Xunta de Persoal de Pontevedra, a dimisión dun xefe territorial por contestar que si había xente fora do seu posto era voluntariamente, é matar moscas a cañonazos. É non axustar a acción a desenvolver á magnitude do feito.