A CIG, demanda sensatez aos responsábeis de Medio Rural e do Mar, para que o persoal laboral teña que recibir formación de cara a prestar un mellor servizo, noutra época do ano, onde as condicións climatolóxicas sexan as axeitadas, é decir, con un índice de risco diario baixo.

Dado as altísimas temperaturas que estamos a sufrir na zona do Baixo Miño, non é de recibo que a totalidade do persoal que ven a loitar contra o lume do Distrito Forestal de Ponteareas teña que ser desprazado da súa comarca para recibir formación, polo que a CIG insiste na necesidade de mantér operativo con todos os medios posibles, as diferentes comarcas do Distrito Forestal XVII de Ponteareas, deixando para outra ocasión a formación dos traballadores.

A CIG pon en coñecemento da opinión pública, que o acontecido o pasado Xoves, 26 de Xuño na comarca de Ponteareas, pode chegar a acontecer en calquer Distrito Forestal da provincia de Pontevedra, xa que tódolos traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais deberán ter acreditado o curso de formación para o cál están sendo convocados.