1º. Proposta de manifesto da mobilización do SPDCIF do 22/07/15.

UGT presentou un manifesto propio, seica non lle vale o aprobado polos sindicatos a nivel nacional, onde eles mesmos o ratificaron.  CCOO, CIG e CSIF apoiamos o manifesto acordado en Compostela. Aprobouse o manifesto conxunto de Compostela.  

2º. Organización de autobuses para a manifestación do 22/07/15.

O Comité de Empresa  acordou contratar alomenos dous (2) autobuses para o desprazamento do persoal a Compostela. Se fixesen falta algún autobús máis tamén se contrataría.
Os puntos de saída máis as horas de paso serán as seguintes:

Distrito XVI:

  • 09:00 horas. Saída dende a oficina do propio distrito forestal.
  • 09:45 horas. Parada en A Estrada, diante da discoteca Lenon.
  • 12:00 horas. Viaxe de regreso.

Distritos XVII – XVIII e XIX:

  • 08:15 horas. Saída de Ponteareas, dende o punto de encontro de Bugarín.
  • 08:30 horas. Parada en Sanguiñeda, diante da discoteca Queen.
  • 09:00 horas. Parada en Pontevedra, diante do Pavillón de Deportes.
  • 09:20 horas. Parada na rotonda de acceso á autoestrada Saiar/Caldas de Reis.
  • 12:00 horas. Viaxe de regreso.

Prazo para anotarse de cara a reservar praza nos buses, ata o luns día 20 de Xullo.  Reservade asento poñéndovos en contacto co delegado da CIG, Jesús Dorado Noya – 647.85.89.87, ou ben con calquer outro delegado da nosa organización sindical.