A xefatura territorial de Pontevedra da Vicepresidencia e Consellaría da Presidencia, Administracións Pública e Xustiza actúa con total impunidade ao marxe da legalidade vixente. Nestes días, unha traballadora do xulgado de A Parda en Pontevedra sufriu un infarto é,  como consecuencia, está en situación de incapacidade temporal. IT que poida que se prolongue bastante tempo.

A xefatura territorial nun acto de chulería decidiu pedirlle a  empresa "limpezas Cíes" a execución do traballo que viña desenvolvendo a traballadora da Xunta de Galiza. A xefatura territorial "descoñece" o convenio colectivo e o decreto de listas 37/2006, que regulan as contratacións temporais para, como neste caso,  proceder á cobertura temporal deste posto de traballo mentras a titular permañeza en IT.

Os milleiros de persoas que tiveron que pagar as taxas, 18 €,  para incluírse nas listas de substitución, cunha vaga expectativa de traballo, son enganadas unha e outra vez por decisións caciquís dos comisarios políticos do PP que, obviando a lexislacións vixente, chaman a empresas amigas "cadenas de favores" para substituír ao persoal laboral da relación de postos de traballo da Xunta de Galiza.