Comedor en Pontevedra

Resultado dunha negociación tras o fracasado intento doutra organización sindical, a CIG conseguiu un acordo coa Secretaría Territorial e a Xefatura Territorial de Presidencia para habilitar un comedor dentro do edificio administrativo para uso dos traballadores/as que así o soliciten. O compromiso inicial era utilizar de xeito experimental a sala de lactación como única opción posible. Curiosamente, cando insistimos que comezase o comedor como proba, o correo que as persoas responsábeis do edificio enviaron a todo o persoal recolle unha opción diferente: usar o espazo na cafetería condicionado ao consumo de bebida.

Aínda que cremos que non é a mellor das opcións porque impide facer uso do microondas, frigorífico ou vertedoiro que hai na sala de lactación, anímate a facer uso desta alternativa xa que así poderase comprobar cal é a demanda e con eses datos poder solicitar un lugar máis axeitado como solicitamos nun principio.

O comedor en Vigo

No caso do edificio de Vigo, onde non existe cafetería no interior do centro de traballo, lembramos que fai xa varios anos que a CIG conqueriu dos responsábeis do edificio a habilitación dun espazo para poder comer. Está ubicado no segundo andar da torre principal, a altura de xestión económica. A sala, tamén dispoñíbel para quen precise espazo para lactación, dispón dun microondas.