A empresa que está a traballar na entrada do edificio de Vigo (rexistro), quere adiantar os traballos de vernizado, e aseguran que teñen un produto ecolóxico que non produce vapores. A sua intención é facer unha proba o fin de semana, convidando á Xunta de Persoal e ao Comité de Prevención do edificio a valorar o luns a presenza ou non de vapores perxudiciais. Os representantes da CIG estaremos vixiantes.