O mércores 26 houbo unha xuntanza do comité de seguridade e saúde do Edificio Administrativo da Xunta de Galiza en Vigo. A maiores da renovación das persoas integrantes do comité, tratataronse os seguintes asuntos:

1. A petición da CIG, o comité de seguridade e saúde aprobou dirixirse á MUGATRA para que faga entrega do programa de actividades de prevención cos seus medios humáns e materiais así como o grao de dedicación e desenvolvemento, tal como se recolle no art. 14 da orde do 22 de abril de 1997 polo que se regula o réxime de funcionamento das mútuas. Esta actuación ven derivada da constante ausencia do servizo médico, especialmente na época do Nadal na que estivemos durante máis de 20 días sen persoal médico.

2. A CIG tamén propuso, e así se acordou, tentar ampliar a proteción do persoal da Xunta que está a padecer situacións de insultos e acosos por parte dalgún cidadán como consecuencia do seu traballo na Administración. Instamos da Delegación Territorial á posta a disposición da Asesoría Xurídica da Xunta para o acompañamento, asesoramento legal e adopción de medidas cautelares que garantan o respaldo necesario ao traballador.

3. Debatemos tamén as diferenzas de temperatura nalgunhas dependencias do edificio (como o rexistro e outros). Acordouse pedir ao servizo de mantemento informe das posibles solucións técnicas que poidan abordarse.