Hai meses que se xubilou unha das cociñeiras e non se contratou a outra persoa para a praza, co que a día de hoxe na cociña hai unha cociñeira e unha auxiliar de cociña. A última vez que a cociñeira tivo que coller unha licencia dende a Xefatura Territorial se lle comunicou que deixara feita previamente a comida dese día pero non se chamou a ninguén das listas para cubrir ese día. Desta situación derívanse varias irregularidades: por unha banda non se está a respectar o sistema de substitución regular actual na Xunta de Galiza, baseado no decreto 37/2006, enganando a moitas persoas que pagan unas taxas para estar incluídas nesas listas coa expectativa de poder traballar; por outra banda estase a dificultar que o persoal do centro poda coller os permisos e licenzas aos que ten dereito, cando así o precise.

Na actualidade todas as traballadoras desta escola teñen aínda pendentes de gozar os permisos correspondentes ao ano 2015. A resposta que, despois de moita insistencia, se lle dá á dirección do centro dende a Xefatura Territorial e dende a xerencia da Axencia de Servizos Sociais é que non hai cartos para iso. Será que o catering é máis barato que a contratación dun traballador/a ou será que a intención final é a de ir pouco a pouco introducindo o servizo de cátering para acabar privatizando o servizo de cociña?