Criticamos que se gaste diñeiro público en convenios con medios estatais, como avanza a Xunta de Galicia no Pladiga 2016, pois estes cartos poderíanse investir en prevención no lugar de empregalo en organismos alleos á Administración Galega, que ao fin é a responsable da extinción do lumes forestais. Os Axentes Medioambientais “seguen apostando por dispositivo único e público”.

Dotación de Medios

En pleno século XXI seguen dirixindo os lumes coma no pasado, sen ningún tipo de novas tecnoloxías que facilite o traballo na extinción dos lumes forestais, como podería ser unha tablet ou pc na cal se podería volcar a cartografía oficial, ou algo tan sinxelo coma os datos nos teléfonos oficiais e que non implicarían gastos a maiores pois xa se están pagando pero, por sorprendente que pareza, non están operativos. Calquera destes medios axudaría a atallar un lume forestal a tempo, antes de que alcanzase a categoría de incendio forestal, facilitando moito o traballo no dispositivo de extinción de incendios.

Lembramos que o colectivo de axentes forestais réxese por un acordo de condicións de traballo de 2004 (este acordo regulaba as condicións dos axentes forestais, o cal denunciamos que non é de aplicación para a escala de axentes medioambientais), caducado hai 10 anos, sen renovación de uniformes dende o 2008, e que a día de hoxe seguen mantendo para estes traballadores niveis baixos cando a responsabilidade que teñen no seu traballo é enorme. É algo que reivindican desde fai tempo, e non se obtivo ningunha resposta.

Ante unha próxima campaña de verán complicada, lembramos á cidadanía a importancia de denunciar a actividade incendiaria e de adoptar comportamentos que minimicen a posibilidade de producir lumes forestais coma tirar cabichas ou prender lume no monte, incluso para facer de comer usando o lume.