Na xuntanza do día 19 de maio da comisión de seguimento da Orde de 2/05/2006, de persoal Gardacostas, acordouse que a partir desta xuntanza a comisión estará formada por 4 representantes da Administración e 4 da parte Social, un por sindicato.

Acórdase tamén convocar a comisión semestralmente, nos meses de abril e novembro, antes da comunicación do horario semestral os traballadores e traballadoras.

As centrais sindicais expoñemos que para resolver os problemas de operatividade no servizo non teñen que cambiar a Orde, senón solicitar mais efectivos Humanos e rematar coa incapacidade dalgúns membros das Xefaturas.

A administración mostrase disposta a non tocar a Orde ante a nosa petición.

Ao remate acórdase xuntarse nas vindeiras semanas para chegarmos a un acordo sobre os casos en que se podería mudar a quenda.

Nós defendemos que só en caso de acordo voluntario entre subdirección e os traballadores e traballadoras.