O argumentario como xa comentamos fai uns días, xiraba  arredor dos seguintes puntos:

  • A fraude de lei que supón que este colectivo esté fora do convenio  tal e como reflexan o convenio e os contratos.
  • A entrada da nova lei de proteccion civil coas novas competencias e perda da temporalidade específica dos tres meses.
  • Incremento do custe é asumíbel e razoàbel.
  • A necesidade de rematar con esta precariedade contractual.

Por parte de AGE , a xuntanza foi con Antón Sànchez, quen amosou o seu acordo coa proposta e o compromiso de presentala para ser tratada como PNL.

No caso do BNG recibiunos Tereixa Paz, da cal obtivemos o mesmo compromiso.

Polo PSdG recibiunos Pablo García, do cal obtivemos tamén o apoio a nosa proposta e a vontade de presentala conxuntamente cos outros grupos parlamentares.

Por parte do PP recibíronnos  Jose Manuel Balseiro e o presidente da comisión de agricultura Vidal Martínez. Dixéronnos que estiveran estudando a proposta e que a trasladaran a funcion pública, que estes a estaban estudando a súa vez e que estaban pendentes do seu ditame, pospoñendo a súa resposta ate que lles de ou non función pública o visto bo. Deixan ben claro que si función publica da o visto bo pola súa parte non habería problema. Xa non é a primeira vez que dende o PP se pasa a bola a función pública como si esta fóra allea ó goberno da Xunta, podendo quedar  simplemente nunha manobra típica do buenismo preelectoral para que sexa nada ó medio prazo.

À hora da confección desta nota non tiveramos contestación do grupo mixto.

Quedamos pois expectantes e vixías coas accións que arredor desta PNL se desenrolen ate conquerir o que consideramos é de xustiza.