Ademáis, coa nova denominación a Bombeiro Forestal, o persoal do SPDCIF deixaría de atoparse en fraude de lei (contractualmente falando) xa que mudaría o grupo profesional no que nos atopamos agora, número 9 (Ocupacións elementais) CNO 9543 – Peóns forestais e da caza, pasando ao grupo 5 con código CNO – 2011: 5932 Bombeiro Forestal.

Outras alegacións expostas por parte da CIG e non aceptadas foron a contabilización do tempo traballado na categoría da que se provén, aos efectos do cómputo de
servizos prestados nos procesos que se establezan (exemplo, listas de contratación, procesos selectivos, concursos de traslados, etc), así como o proceso da segunda actividade, recollido no propio Convenio Colectivo Único e que debería tratarse por separado dado que precisaría dunha regulamentación moito máis extensa que a detallada no borrador do acordo, e obrigatoriamente durante todo o ano, non posibilitala únicamente ao período de alto risco de incendios forestais.

Coa proposta da Función Pública tiñan a intención de declararnos persoal laboral de segunda clase. Os traballadores e traballadoras do SPDCIF, profesionais dende o ano 1991 temos conquerido o recoñecemento profesional como para non andar pedindo limosnas aos dirixentes políticos.

A CIG non vai facerlle o traballo electoralista ao Partido Popular, que desexaba o apoio alomenos de tres organizacións sindicais para saír perante a opinión pública vendendo o acordo cunha nova funcionarización do persoal laboral, unha vez máis. A derradeira xogada de Función Pública máis Medio Rural foi presentar, uns minutos antes do comenzo da xuntanza unha nova proposta no tema da funcionarización, consistente na apertura do proceso para o ano 2017 coas categorías profesionais que se acordasen cos sindicatos asinantes do acordo, e posteriormente coa aprobación da lei de creación das escalas establecerían a denominación das mesmas así como as funcións e especialidades de cada unha das categorías. Pero eso sí, sempre que o Partido Popular continuase no goberno da Xunta de Galicia. Eso é unha proposta constructiva!!! Votemos ao Partido Popular o día 25 de setembro e disfrutaremos do ceo pola nosa eternidade!!! Xa perdimos a conta de cantos procesos de funcionarización presentou o Feijoo á prensa, de momento non concretou ningún, nin se esperan.

A liña vermella para a CIG foi é será sempre a condición de Bombeiro Forestal ao persoal do SPDCIF, motivo polo que votamos negativamente á proposta da Función Pública, proposta que “de facto” non recollía todo o concernente aos dereitos que un bombeiro forestal ten asignados polo Catálogo Nacional de Ocupacións 2011.

Ao sair da xuntanza os sindicatos acordaron xuntarse nesta semán para concretar as medidas de mobilización para conquerir a condición de Bombeiro Forestal con todas as garantías e recollidas no RD 1591/2010 do 26 de Novembro.