Non pode un servizo funcionar pola comenencia do momento á hora de asinar tarefas e funcións e que levan a desigualdades entre o persoal e a que a Xunta de Galiza estea a dar un mal servizo e por outra banda xogando cos cartos públicos.

Non pode ser que unha administración que ten o servizo de conservación, explotación e mantemento de estradas privatizado queira seguir mantendo esas tarefas non seus propio persoal sen recuperar o servizo como público. Demandamos a recuperación do servizo, non as privatizacións.

Expoñemos as razóns do rexeite de este acordo por parte da CIG:

O acordo fai unha racionalización de categorías do grupo III (7,8,60,23,67) e as refunde na categoría 9, Técnico/a práctico en control e vixilancia de obras, conservación e explotación. A vixilancia nestes momentos é realizada por persoal do grupo III doutras categorías e persoal do grupo IV legoeiros. En todo caso, a proposta ten que ser tratada no ámbito da negociación global con Función Pública de racionalización das categorías profesionais.

No caso da definición de función dos legoeiros establece como funcións ás de execución material, vixilancia, entre outras. Inclúense os traballos de mantemento de instalación e edificios, tarefas que teñen categoría propia no V Convenio.

A incorporación aos legoeiros das funcións de vixilancia condea ao persoal a non poder reclamar vía xudicial algo que nestes momentos estan a gañar, a diferencia salarial por funcións de superior categoría (funcións do grupo III).

A administración non cuantifica as necesidades de persoal para facer vixilancia da categoría de legoeiros, podendo darse o caso de ser cero. Ou o caso contrario facer vixilancia a custe cero sen ter o dereito a reclamar esa diferencia salarial.

Tendo en conta que os/as legoeiros/as son nestes momentos 133, a administración só fixa como obxectivo a creación de 30 prazas da categoría III.009 para o ano 2017, para unha OPE de promoción interna, na que pode participar calquer persoal da Xunta de Galicia que reúna o requisito de titulación.

Nas futuras OPE’s ata o 2020 a administración non cuantifica as necesidades, e deixa os números en función da disponibilidade orzamentaria e as necesidades do servizo, sen comprometer número de prazas a crear.

A proposta non plantexa solucións para o persoal legoeiro/a facendo traballos de operador de maquinaria pesada, de auxiliar administrativo, auxiliar de topógrafo, mecánico....

O único apartado positivo que vemos no acordo e que sería posibel que administración levase adiante e sen acordo é o procedemento para facer vixilancia o persoal legoeiro/a onde o reparto de esa tarefa non sería a dedo como ata o de agora senón con un procedemento claro para todo o persoal.

A CIG podería estudiar a sinatura do acordo se a categoría de legoeiro/a coas funcións de vixilancia entre outras se lle incorpore o plus de resposabilidade e outros como toxicidade e penosidade.