A CIG solicitou unha entrevista urxente coa xerencia da AMTEGA para tratar a homologación salarial do persoal laboral informático. Esta situación, que se remonta ao ano 1993,  foi exposta reiteradamente polos representantes da CIG en varias reunións cos representantes da AMTEGA e da Xunta, sen que até o momento eses responsábeis teñan convocado unha reunión para chegar a unha solución definitiva.

A CIG considera que a proximidade da presentación do orzamento para o ano 2017, é o momento oportuno para lograr definitivamente a resolución dese problema encaixando a solución no próximo orzamento.

Polo que dende a CIG solicitamos a convocatoria dunha mesa de negociación para resolver este asunto de xeito inmediato, sen olvidar outros temas pendentes como: concurso de traslado, días de teletraballo, centros de destino na RPT, externalizacións...