Por unanimidade, acordouse remitir escrito a conselleira do medio rural reiterando a necesidade de mantér operativas as bases helitransportadas (con helicóptero) nas cales traballan persoal laboral do SPDCIF. Da mesma maneira que se fixo o ano pasado, confeccionaráse nota de prensa, requerindo a consellería o mantemento dos medios aéreos nas bases con persoal propio do SPDCIF.

4º. Tarxetas identificativas.

Reiterouse a petición de tarxetas identificativas para todo o persoal laboral do SPDCIF, persoal de 12, 9 e 3 meses. Acordouse remitir escrito á xefatura territorial de medio rural requerindo información do motivo polo cál ao persoal de 3 meses non se lle tramita a citada tarxeta.

5º. Afectación ó SPDCIF da fusión dos concellos de Cotobade - Cerdedo.

Logo da fusión dos concellos, o Distrito XIX conta con máis carga de traballo, polo tanto deberá dispór de máis medios humáns. Acordouse por unanimidade tramitar escrito requerindo á xefatura territorial de medio rural de cara a coñecer qué repercusión aos efectos de persoal ten a citada fusión.

6º. Quendas de noite (Nb) a realizar fóra da comarca forestal de orixe.

Traballadores do SPDCIF veñen realizando a xornada de Nb en puntos de encontro fóra da súa comarca forestal de orixe, descoñecendo polo tanto si é por orde do xefe de distrito ou por vontade do propio traballador.

CIG presentou escrito solicitando si existe orde da xefatura de distrito ao efecto. No suposto caso de non haber orde do distrito, será tratado novamente en pleno ordinario para un posicionamento polas partes.

7º. Quendas Medio Rural e Mar 2017.

Celebrouse xuntanza o pasado 7 de novembro de cara a negociación dos cuadrantes de traballo do persoal do SPDCIF para o 2017. A parte social achegou directrices para a confección dos citados cuadrantes. Medio Rural, coma sempre na súa liña, escusas como estamos de vacacións!!! Quedaron en presentar os cuadrantes a este comité de empresa o 12 de Decembro.

CIG ven requerindo que si a finais de ano non dispomos de cuadrantes definitivos, coa salvedade de inxerir as vacacións do persoal, propomos denuncia perante inspección de traballo, con posibilidade de acudir ao xulgado do social.

Ademáis de cuadrantes para o SPDCIF, acordouse solicitar cuadrantes do persoal de Lourizán, Intecmar, Instituto marítimo pesqueiro máis do Instituto galego de formación de acuicultura.

8º. Rolda de intervencións. Serán tratados no vindeiro pleno ordinario.

UGT.
• Peón do distrito XIX está facendo funcións de tractorista. Os conductores de motobomba nas súas funcións si teñen recollido o traballo co tractor.

CIG.
• As limpadoras de Lourizán teñen máis carga de traballo, con motivo da falta de persoal. No centro existen prazas vacantes.
• Conductor do Intecmar está de I.T. (longa duración). Persoal do centro, non tendo a obriga de conducir (analista de laboratorio) deben facerse cargo de recoller as mostras para o cál teñen que facer uso do vehículo do centro. Cobertura da praza de conductor.
• Pregúntase pola xuntanza coa xefatura de distrito XIX, acordada no pleno do mes de setembro.
• Requírese pantallas para os cascos de prevención.

Acordouse que o vindeiro pleno do comité de empresa teña a súa celebración o 16 de decembro.