A CIG entende que un servizo público tan asentado xeograficamente como é o SPDCIF, e recoñecido coma un dos máis efectivos no territorio estatal precisa que o seu persoal propio manteña unhas condicións dignas de traballo, tanto sociais, económicas coma laborais, para o que é perfectamente asumíbel pola propia Administración Autonómica un incremento orzamentario baseado na extensión do tempo de traballo do persoal de tres meses, conquerindo desta maneira un alto rendemento nas súas prestacións dentro do servizo.

A CIG considera imprescindíbel fortalecer as condicións laborais do persoal do SPDCIF en base as novas competencias que nos outorga a actual lei 17/2015, do 9 de xullo do Sistema Nacional de Protección Civil, normativa pola que o propio SPDCIF da Xunta de Galicia incorpórase de pleno ao servizo de emerxencias, polo que deixa de ter sentido unha temporalidade específica como é a contratación do persoal de tres meses, coincidentes co alto risco de incendios forestais, xa que as emerxencias de lumes se poden producir en calquer momento do ano, e para cubrir todos os días precisaríase máis persoal, atopándonos en numerosas ocasións co propio SPDCIF que tan boa imaxe ten fóra das nosas fronteiras con quendas descubertas. Non podemos obviar tamén, da aparición dun novo tipo de incendio forestal, coma é o lume de interface, para o que é necesario potenciar o propio SPDCIF, dado as maiores esixencias e afrentas as que se expón o propio servizo.

A CIG considera imprenscindíbel e determinante rachar dunha vez por todas coa precariedade laboral insostíbel que está a sufrir o persoal laboral fixo descontinuo de tres meses do SPDCIF, rechazando polo tanto a política da Xunta de Galiza de fomentar o emprego precario que leva consolidada dende o ano 2012 na Consellería do Medio Rural, mediante a contratación de persoal por un tempo máximo de tres meses, máis aínda, cando dispón de fondos públicos para a contratación de empresas privadas para traballos de prevención e extinción de incendios forestais.

Ademáis da proposta de PNL presentada no propio Parlamento, requirimos xuntanza cos grupos parlamentares, co obxectivo de expor a nosa argumentación para conquerir unha resolución favórabel, no órgano parlamentario correspondente, aos intereses dos traballadores e traballadoras do SPDCIF da Xunta de Galicia, baseada no incremento da prestación laboral do persoal de tres meses, aumento tan preciso para as súas economías coma para o propio SPDCIF.