Estas anteriores RPTs irán a Comisión de Persoal que convocarán para o luns 29 de maio.

Procesos selectivos

  • A1-Promoción interna: pendente de publicar nesta semana ou na vindeira a baremación da fase de concurso.
  • A2-Promoción interna: pendente da relación de aprobados nos vindeiros días.
  • C1 e C2-Promoción interna: pendente da publicación esta semana no DOG a relación de aspirantes que superaron o proceso e comezar o prazo para presentaren documentación. Contan con rematalo sobre o 8 de xuño.
  • A1-Libre: pendente da nota do exame de galego da única persoa que fixo o exame e da relación definitiva de aprobados.
  • A2 e C1-Libre: os aprobados saíron no DOG do 10 de maio. O prazo de recurso de alzada remata o 30 de maio.
  • C2-Libre: publicado no DOG do 12 de maio o resultado da proba de galego.
  • Finanzas (A1 e A2) e Gardacostas: publicaran a vindeira semana. O primeiro exame será antes do mes de agosto.
  • Proceso selectivo A1 (OEP 2002): está xudicializado, pendente do Supremo.
  • Enxeñeiros industriais: pendente de vindeira publicación.
  • Biólogos e químicos: van con máis retraso.
  • Ordenanzas (discapacidade): publicarán as notas a finais desta semana. O exame de galego será a primeiros de xuño.
  • Alegacións ao programa de profesores náuticos-pesqueiros: pendentes da consellería para convocarnos a unha xuntanza.
  • Promoción interna de persoal laboral dos grupos IV e V da OEP 2016: queren aprobala e publicala antes de agosto.
  • Pretenden que a maioría dos procesos rematen e tomen posesión en xuño. Están pendentes das alegacións das consellerías ás prazas que ofertarán para as eleccións de destino.

Concursos de traslados

- Estatística: van mandar as bases para negociar. Queren publicalo en xuño xunto a outra escala pendente de comunicar cal será. Pretenden resolver de xeito conxunto nun único acto tanto a adxudicación da fase inicial como da fase de resultas. A intención é logo facer o mesmo co resto de concursos. Os méritos van seguir como cos últimos do concurso xeral.

- Criterios de baremación para os futuros concursos de funcionarios e laborais: pendentes de envialo nos próximos días. Pretenden a súa simplificación. Adiantan as súas ideas:

  • Antigüidade por servizos prestados nas administracións públicas, queren valorar o tempo traballado como persoal interino.
  • Establecerán catro tipos de puntuación para os méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo:
    • Fracción inferior a 6 meses de experiencia nun posto de traballo pertencente á mesma área funcional da do posto solicitado.
    • Posesión da titulación académica requirida para o posto de traballo solicitado.
    • Por nivel de coñecemento da lingua extranxeira que se solicite para o posto de traballo.
    • Pola posesión do permiso de conducción que se solicite para o posto de traballo.
  • Valoración do grao persoal.
  • Traballo desenvolvido: promedio do tempo transcorrido dende a última adxudicación do posto con carácter definitivo con independencia do nivel.
  • Medidas de conciliación e igualdade de xénero.
  • Cursos de formación: van acotar as entidades. Os cursos valoraranse por horas (e non por tramos como ata agora).
  • Grao de coñecemento do idioma de Galiza.
  • Grupo de pertenza do funcionario que participa no concurso.
  • Están valorando establecer ou non unha puntuación mínima.
  • En canto á presentación da documentación por parte dos participantes no concurso, simplificarase: o sistema informático validará automaticamente a maior parte.
  • Antes de rematar maio enviarán para a súa negociación a documentación cos criterios de baremación para todos os concursos de funcionarios e laborais.

Outros asuntos

Comisión de seguimento do acordo de veterinarios: van convocar ás consellerías afectadas para unha vindeira xuntanza e logo convocarán a comisión neste mes ou a primeiros de xuño.

Extensión do acordo aos veterinarios de Mar: darán conta na vindeira Comisión de Persoal.

Plan de loita contra a fraude: pendentes de concretar con Economía varios plans para desenvolver este ano, falan de dous ou tres plans. Haberá máis prazas. Todo pendente dos orzamentos do Estado. Convocarannos este mes para darnos máis información e ver como se van cubrir esas prazas.

Sentenza dereito a permuta para o persoal laboral temporal: estano mirando, anuncian un posible recurso de casación ao Supremo.

Persoal das Illas Atlánticas e legoeiros: convocarannos para unha vindeira xuntanza.