Redución do peso da antigüidade: 0,5 puntos menos.
A excesiva valoración da experiencia na mesma área funcional: 0,25 por cada ano ou fracción superior a 6 meses.
A substitución dos criterios de valoración dos niveis por o “nivel destino medio” e ter en conta o tempo traballado en
comisión de servizo/adscrición.
A limitación de cursos aos últimos 2 anos e a partir de 20 horas.
Xa non contan os cursos de Escola Galega de Administración Sanitaria, Academia Galega de Seguridade Pública, universidades, Servizo Público Estatal de Emprego, Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Non se valora a titulación académica distinta á requirida para o ingreso no corpo.
E moitas cousiñas máis...
Temos de prazo para presentar alegacións ata o día 19 de xuño. Podes facer as túas achegas en:
ourense@cigadmon.gal ou en Contactar coa CIG.
Contigo e coa CIG, a loita continúa!