As instalacións non dispoñen dun botiquín adecuado, feito mais grave pola situación de aillamento territorial e de comunicación na que se atopan. Ademais o persoal non ten EPIs, a maquinaria está obsoleta, non teñen roupa adecuada para as tarefas e que os protexan das oscilacións térmicas características desta provincia e da alta montaña, e os vehículos non son avaliados tendo algún de mais de 300.000km.

Esta situación faise en moitos casos extensiva a moitos centros da Galiza, xa que o persoal da Dirección Xeral do Patrimonio Natural non ten emisoras dende o 1 de xaneiro de 2017.

Dende a CIG temos denunciado esta situación de falta medidas preventivas e comunicacion perante o Servizo de Prevención e a Consellería de Medio Ambiente sen que houbese resposta e se actuara para minimizar os riscos.


CONTIGO E COA CIG:  A LOITA CONTINÚA!