Para que se entenda: un traballador destes centros presta os seus servizos un sábado pola mañán (cinco horas), como compensación libra un día de semana (7 horas e media); para Kronos ese traballador lle debe á Xunta 2 horas e media. Tontos e apaleados.....

Antes de aplicar un sistema de fichaxe haberá que regular o rango de horario(*), e haberá que falar como se compensa en horas, como se compensa en cartos, como e cando se libra, e dende logo libanzas igual para todos os centros.

O dito, PRIMEIRO REGULAR E DESPOIS FICHAR, senón esto se parece máis ao barco dos irmáns Marx que a unha Adminsistración eficiente, transparente e estruturada.

Por iso SOLICITAMOS DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DE CULTURA a apertura dunha Mesa de Negociación inmediata para sentar as bases dun acordo de horarios nestes centros.

(*) Aprobado con nocturnidade e aleivosía nunha modificación parcial da RPT (DOG 13/10/2006). Que por que dicimos isto? Porque primeiro apróbase a RPT en agosto metendo horario de mañán e tarde ao persoal técnico (por suposto sen compensación nengunha). Despois danse conta que meteron a pata no horario (pois tamén queren que fagan sabados e domingos) e aproveitando que fixeran unha desfeita cos códigos de titulación dos postos e meten ao final do texto(para que pase desapercibido) unha coletiña para aclarar que mañán/tarde tamén inclue sabados e domingos. Dende aquela xa houbo dúas modificacións da RPT de Cultura e non se quixo falar do tema.