Outras informacións e conflitos xerais

Desde a CIG defendemos que Galiza debería gozar dunha tarifa eléctrica propia que compensara o grande impacto que sufrimos pola produción de enerxía eléctrica no noso país. Con ese obxectivo presentamos unha Iniciativa Lexislativa Popular que foi aprobado polo Parlamento Galego, pero desvirtuada durante a súa tramitación polo Partido Popular

Esa decisión política privounos de ferramentas que nos permitirían gozar dunha tarifa eléctrica máis xusta, motivo polo que consideramos oportuno por en coñecemento da nosa afiliación outros mecanismos que permitan a certos colectivos un desconto no prezo da enerxía eléctrica. 

No PDF adxunto achegamos a información necesaria para que poidas acceder ao BONO SOCIAL ELÉCTRICO. Este bono vai ligado ao nivel de renda da unidade familiar, ao número de menores dentro desta e a determinadas “circunstancias especiais”.

A información adxunta debería ser suficiente para que poidas xestionar o acceso a ese bono. Porén, se necesitas algunha aclaración contacta coa túa Comarca da CIG e pregunta pola persoa de referencia para asesorarte.