Función Pública emitiu o venres un aviso de modificación de xornada polas festas do Entroido.

Modifícase a xornada dos vindeiros días 13 e 14 de febreiro para os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galicia.

A modificación será a seguinte:

  • Horario oficial: a hora de saída o martes 13 de febreiro de 2018 será ás 14:00 horas e a de entrada o mércores 14 de febreiro de 2018 será ás 9:00 horas.
  • Horario de flexibilidade automática: a hora de saída o martes 13 de febreiro de 2018 será ás 14:00 horas, quedando reducida en 30 minutos a parte fixa e en 45 minutos a parte flexible do horario. A hora de entrada o mércores 14 de febreiro de 2018 será ás 9:00 horas, quedando reducida en 1 hora e 15 minutos a parte flexible do horario.
  • Horario flexibilidade conciliación: a hora de saída o martes 13 de febreiro de 2018 e a de entrada o mércores 14 de febreiro de 2018 queda reducida en 1 hora e 15 minutos dentro da franxa horaria autorizada pola correspondente Secretaría Xeral/Secretaría Xeral Técnica na resolución de concesión de flexibilidade por conciliación.

Todo isto sen prexuízo do gozo do día que coincida cun festivo local.

Podes acceder ao aviso nesta ligazón.