Posteriormente e coa Lei 2/2015 de emprego público de Galiza, creábase a agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, pero seguimos sen que se reuna a mesa especifica de negocación prevista.

Con data 23 de decembro de 2015, a CIG presentou un escrito perante a Dirección Xeral da Función Pública solicitando a inmediata constitución da mesa específica de negociación para a promoción profesional do persoal funcionario do antigo grupo E, prevista no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público, pero a día de hoxe segue sen convocar.

A enorme demora da Administración en levar a termo a constitución da devandita mesa específica para o grupo E está a producir un atraso inxustificábel na promoción profesional específica comprometida pera este colectivo funcionarial.  polo que a CIG ao abeiro do disposto no artigo 29.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LXCA), ven de formular unha reclamación contra a inactividade da Administración.