Outras informacións e conflitos xerais

Coa mesma ética de caverna que destila unha política cínica en materia de igualdade, o Partido Popular, non só tenta boicotear a folga de mulleres publicando os servizos mínimos o día anterior para que non poidan ser impugnados, impoñendoos excesivos en centros de traballo onde prestan servizos maioritariamente mulleres e facendo campaña aberta contra a folga, senón que agora, adícanse á contraprogramar as concentracións coincidentes cos períodos de paro e concentracións.

Convídannos a concentrarnos a todas as empregadas públicas á mesma hora que se inician os paros e xusto cando a CIG e outras organizacións temos convocadas concentracións.

A mentalidade totalitaria desta xente non concibe que a folga é un dereito e que unha administración ten que facilitar o exercicio de dereitos, ou cando menos non obstaculizalos conscientemente.

Por desgraza para eles a folga e as concentracións foron un éxito.

A folga de mulleres é unha realidade imparábel!!