Conta, por sorte, este país con grandísimos profesionais na loita contra os incendios, con corpos –profesionais-  que foron deseñados tanto no eido urbano como no forestal para un óptimo desenrolo das súas funcións, por suposto dende o eido civil, e que si unicamente viron mermados nalgún momento o seu rendemento, foi pola política de aniquilación dos servizos públicos que ven practicando o Partido Popular nos últimos anos, sedentos de arrincar a xestión das emerxencias do sector público para levalos as mans amigas  das empresas privadas, antepoñendo o lucro empresarial a protección dos bens, do medio e das persoas en xeral.

Tal e como dí a misiva, Ourense leva anos sendo a provincia con máis incendios e hectáreas queimadas de todo o estado, ese pouco honorábel liderádeo ven de lonxe.

Porén a altísima actividade incendiaria foi combatida nos últimos 25 anos polo servizo –público- de prevención e defensa contra incendios forestais Spdcif, servizo creado e deseñado pola Xunta para ser o eixo troncal sobre o que vertebrar a loita contra a lacra dos incendios forestais no País.

Este servizo – o spdcif- namentres ocupou arredor dun 85 % do dispositivo total de extinción, foi o servizo máis eficaz de todo o estado, o servizo con máis lumes as súas costas, con mellor capacidade de reacción e con menor número de hectáreas por lume.

So cando baixou esta porcentaxe do servizo respecto do total a día de hoxe movémonos arredor dun 40% caeu a porcentaxe de efectividade por causa da atomización do dispositivo que o converteu en xeral en menos eficaz e fixo máis vulnerable ao medio.

Diante deste escenario, so dende o descoñecemento se poden facer propostas deste tipo, xa que o maior inimigo ao que se enfrontaron @s traballador@s –e servizos- foron os continuos recortes de persoal e medios, e a experiencia e efectividade da UME na loita contra incendios forestais a día de hoxe é anecdótica salvo na loxística.

A maiores das medidas de concretas de ataque -extinción-  aos incendios forestais, dende a CIG esiximos de xeito urxente medidas que promovan a valorización do rural que apoiadas e avaladas por unha política que afonde na multifuncionalidade do monte como  a mellor das ferramentas  para evitar que se xeneren os incendios forestais en orixe.

Dende a CIG incidimos de novo nas medidas urxentes que consideramos imprescindíbeis para adaptar aos medios públicos as novas necesidades, tal e como xa temos achegado a administración en innumerábeis ocasións;

  • Precísamos a día de hoxe, completar os servizos públicos ao 100% para que poidan desenrolar os seus traballos e acadar so fins para os que foron concibidos e deseñados.
  • Precísamos dun servizo único, profesional e público, CIVIL.
  • Precísamos duns servizos máis profesionais, permeables capaces de afrontar as novas situacións de risco plantexadas polas novas tipoloxías de lumes.
  • Precísamos unha maior coordinación entre os diferentes corpos de bombeiros do eido urbano e do eido forestal, diante dunha das maiores ameazas as que se enfrontan os núcleos rurais e urbanos como son os lumes de interface.
  • Precísanse protocolos moi claros de actuación diante dun escenario como son os lumes de quinta xeneración e as multiemerxencias, que presentan un escenario apenas recollido nos protocolos de traballo ate o de agora.
  • Precísase logo máis que nunca afortalar  e mellorar os servizos públicos de emerxencias.
  • E por suposto, precísanse, polític@s a altura das circunstancias.