Neste novo escenario cumpre atacar as tres circunstancias de orixe e básicas:

  1. Actuar sobre o abandono do rural. É imprescindíbel retornar á paisaxe mosaico de maior resistencia ao lume e reducir ou aliminar os monocultivos de especies pirófitas.
  2. Unha maior profesionalización e formación dos dispositivos de prevención e extinción de incendios forestais
  3. Unha prevención axeitada e un uso ponderado das queimas controladas para reducir as cargas de combustíbel
  4. Mellorar a rapidez na resposta e a calidade da mesma mediante intervención na fase inicial que é cando se poden reducir a meirande parte dos perigos

O sistema galego de brigadas helitransportadas funcionou ben na década dos 90 e primeiros anos deste século. O MAGRAMA indica que nos últimos anos aínda que diminúen o número de lumes aumenta o número de hectáreas por incendio.

Dende a CIG prantexamos como mellorar a actual sistema de brigadas helitransportadas aproveitando a enorme experiencia acumulada polos traballadores do dispositivo da Xunta de Galiza e consideramos que deberan ir acompañadas de técnicos funcionarios públicos experimentados, xa que reforzaría a dirección da extinción dos incendios ao permitir adaptarse a un escenario cambiante á par de supoñer un evidente aforro económico.

A CIG, pois, solicita que a contratación de brigadas helitransportadas sexa asumida en exclusiva pola Xunta de Galiza co obxectivo de avanzar cara un sistema onde todos os helicópteros transporten unicamente brigadas conformadas por bombeiros forestais do SPDCIF. Indicamos que este sistema xa se levou a cabo por gobernos do Partido Popular no pasado e que, dende a chegada de Feijoo, se afondou na externalización destes recursos.