Comunícasenos que nos remitirán texto para alegacións no medio prazo.

Segundo o DXFP, todo este texto está pactado coa consellería de facenda, é dicir que hai os cartos para levalo adiante. Neste momento non se achega ningunha proposta de distribución de persoal concreta. Anuncia tamén que o proceso levará concurso de traslados e vai ligado á modificación da RPT, onde xa virían recollidas as prazas como funcionarios.

Dende a CIG centramos as nosas achegas no plano técnico en canto a afectación xeral do dispositivo, deixando as cuestións concretas da reestruturación para o momento en que se nos achegue unha proposta escrita máis ou menos concreta.

Namentres non se aclare o groso da proposta parécenos de certo infantilismo entrar a valorar detalles menores que certamente cremos poden desviar a atención sobre o verdadeiramente importante.

Preocúpanos como pode afectar a nova disposición das brigadas a efectividade do dispositivo, tanto en canto, ao librar xuntas os días de libranza queda esa parte do terreo ao descuberto, cousa que non acontece ao día de hoxe onde as brigadas estàn operativas os 365 días do ano. Este descuberto representa a día de hoxe un perigo o plano técnico en canto á extición de lumes, como unha perigosa porta aberta para situar brigadas da empresa privada.

Manifestamos que isto pode perxudicar un dos factores determinantes na extinción,tale como recolle o Pladiga a día de hoxe, como é o tempo de reacción. O Spdcif debe ser áxil, e cunha resposta no primeiro en primeiro ataque rápida e efectiva.

Propoñemos neste sentido, duplicar o número de Brigadas tal e como xa tiñamos manifestado neste aspecto, convertindo as actuais brigadas de sete, en dúas de cinco contratando simplemente tres persoas mais.

Así teriamos os beneficios das brigadas e cinco e non creariamos ocos sen cobertura.

Insistimos na necesidade da formación e os protocolos de actuación para adaptarnos aos novos retos e mellorar a profesionalidade e efectividade do Spdcif, no día de hoxe referente para outros dispositivos de extinción.

Esiximos unha explicación de como encaixa toda esta reestruturación en canto a tempos de traballo nos procesos de funcionarización que ten prantexados a día de hoxe función pública para o Spdcif. Non se poden seguir incorporando novos retoques sen marcar unha folla de ruta definindo os pasos e prazos a seguir. Se hai capacidade para facer movementos aínda como laborais, ten que haber capacidade para convocar os procesos selectivos comprometidos baixo esta figura xurídica.

Dende a CIG sempre apostamos claramente pola incorporación, sexa cal sexa a forma xurídica, de todos os compañeiros e compañeiras fixos distontinuos de tres a nove meses, a traballar todo o ano como servizo de emerxencias que somos no medio rural. Non compartimos o concepto de estacionalidade e reforzo que nos trouxo ate aquí.

Dende logo que é positivo o aumento de tempo de traballo e prazas, pero debemos ser máis esixentes, e o plano das emerxencias sitúanos a día de hoxe nunhas necesidades non estacionarias.

Como xa remitimos por escrito fai unha semana á Dirección xeral de ordenación forestal, esiximos que as Brigadas helitransportadas estean compostas en exclusividade por persoal da Xunta.

O incremento de prazas debe aplicarse a todos os postos do dispositivo, para así seguir reforzando a columna vertebral dun dispositivo sobre o que debe xirar en exclusiva a extinción dos incendios forestais, tal e como foi deseñando e pensado pola propia Xunta, no País.

En definitiva, unha proposta con luces e sombras que haberá que estudar polo miúdo unha vez se acheguen propostas concretas e por escrito para estudar a fondo.