Aínda que as realidades de cada colectivo a nivel autonómico son ben diferentes, o obxectivo final é compartido, un horizonte onde o recoñecemento da categoría profesional acompañado dos dereitos e obrigas inherentes a esta, sitúen a tódolos colectivos do estado nun marco de seguridade xurídica e profesional que os dispositivos merecen, tanto polo traballo xa realizado como polas esixencias que a propia regulación do sector e das actividades que realizamos esixe.

Entre as esixencias e reivindicacións comúns -algunhas das cales grazas a continua reivindicación na Galiza xa se conqueriron pero aínda pendentes do pleno desenrolo- xiraban arredor d@:

  • Recoñecemento profesional categoría 5932 bombeir@ forestal.
  • Recoñecemento e aplicación dos coeficientes redutores na idade de xubilación
  • Recoñecemento das enfermidades profesionais.
  • Formación paras os diferentes colectivos de bombeiros forestais como colectivos pertencentes á Familia de seguridade e medio ambiente.

Sobre como entronca isto no panorama profesional dos servizos de extinción da Galiza, temos claro que aínda que acadamos importantes avances como o recoñecemento da categoría profesional, o desenrolo dos dereitos inherentes a este así como a modificación da Rpt,son retos importantísimos a día de hoxe que nos manterán en garda hoxe ate a súa consecución .

Aínda que o encabezamento e titulares se refiren @s bombeiros forestais, estamos diante dun momento crucial para todo o dispositivo de extinción e as diferentes categorías que desempeñan tanto funcións de extinción como de coordinación nos incendios forestais.

Estamos diante dunha loita transversal que afecta e precisa implicar a tódolos colectivos que forman parte dos dispositivos de coordinación, dirección e a extinción - e prevención por suposto- propiamente dita, por iso nos congratulamos da presenza de compañeir@s de tódolos corpos profesionais, bombeir@s forestais, técnic@s e axentes, a maiores de estar tamén loitando cada categoría dende o seu dende o seu campo específico polo recoñecemento dos coeficientes redutores e das enfermidades profesionais.

No novo escenario profesional no que todas nos movemos - onde o lume se difumina nas emerxencias ou situacións de multiemerxencia- é imprescindíbel unha readaptación no eido da formación tal e como marca a lexislación vixente que non pode agardar máis tempo.

Apuntamos aquí algúns enlaces de prensa desta nova do pasado sábado:

A CIG, a única representación galega na manifestación pola conquista de dereitos d@s bombbeir@s forestais do pasado 12 de maio en Madrid.