Lonxe de propor cuestións serias e artellar unha estructura con visión de futuro onde estemos todo o persoal que traballa na extinción de incendios, incluídos bombeiros forestais e persoal técnico, co fin de dar resposta a actuación perante os incendios e ás gravísimas condicións climáticas e ambientais e o aumento da biomasa como consecuencia do do abandono das actividades tradicionais do rural galego, o que se fai e impor un aumento de gardas aos axentes medioambeintais e forestais. 
 
Porén a CIG e UXT convocamos manifestación este xoves 24 en Compostela para protestar contra esta imposición e propomos os seguintes puntos:

  • Aumento do cadro persoal
  • Reducción horaria das gardas
  • Rexeitamento ao periodo de 6 meses de gardas
  • Xubilación anticipada
  • Suba de nivel mínimo
  • Equiparación complemento específico
  • Recoñecemento de enfermidades profesionais