Outras informacións e conflitos xerais

O sábado 26 de maio tivo lugar a VII Asamblea Nacional do sector de Administración Autonómica da CIG, co lema “Polos dereitos laborais e os servizos públicos. Pola dignidade na función pública”.

Lido polo Secretario Nacional saínte, Roberto Varela, e posteriormente aprobado o informe de xestión da executiva, procedeuse á elección dos órganos que dirixirán CIG-Autonómica durante os seguintes catro anos. Como reza o lema da Asamblea, “Polos dereitos laborais e os servizos públicos, pola dignidade na Función Pública”, na procura de sumar as forzas necesarias pola loita que nos ven en diante, pola recuperación dos dereitos roubados, presentáronse candidaturas de consenso co resultado seguinte:

  • Nova secretaria nacional da CIG-Autonómica: Zeltia Burgos Tortosa. 
  • Nova Executiva Nacional: Roberto Varela Gestal, Rosa Fernández Muñoz, Sandra Rebolo López, Marta Regueiro Abel, Mar Peteira Cabana e Uxío Zabala Iglesias.
  • Para unirse á Dirección Nacional da Autonómica: Fernando García, Dina Porral, Xoán González Canedo, Rodolfo Docampo, Alexandre Prieto, Carme Viso, Roberto Quiroga, Luzdivina Rebollal, José Manuel Caloto, Hector López, Mª José Blanco, Socorro González, Eduardo Freire, Toño Fernández e Anxo Anta.
  • E para a Dirección Nacional da Federación: Cristina Terrón, Pilar de Celis, Nieves Somoza, Uxio Zabala e Mar Peteira.

Como destacado, por novidoso, esta vai ser a primeira vez que unha muller asuma o cargo de Secretaria Nacional da CIG-Autonómica ao tempo que tamén a Executiva Nacional estará maioritariamente conformada por mulleres.

Finalmente a Asamblea foi clausuarada polo secretario nacional da Federación de Administración Pública, Xabier Picón.