Outras informacións e conflitos xerais

Dende a CIG xa advertíamos no CIG-Informa sobre a reunión con Función Pública que para que queríamos inimigos si tiñamos amigos como CC.OO e UGT, máis preocupados de defender a empresa que as/aos compañeiras/os.

O despropósito absoluto ocorreu o día 5 de xuño de 2018, cando a CIG pregunta a presidencia de Intercentros (CC.OO) porqué non se incluíu na orde do día a celebración de asembleas, SOLICITADAS POLO PERSOAL QUE DEMANDA QUE ESTÁ A FACER O COMITÉ INTERCENTROS, para explicar a xuntanza con FP. A resposta de CC.OO é que como non hai acordo entre as diferentes OO.SS non se inclúe (nun acto dictatorial absoluto, si no estoy de acuerdo no juego) co apoio de UGT.

O día 12 de xuño, logo de que a CIG esixira un intercentros extraordinario, lévase a pleno a proposta de facer asembleas para explicarlle a postura de FP as e aos traballadores e, outra vez, os sindicatos do réxime (CC.OO, UGT) néganse a facelas, esta vez coa escusa de que non hai nada que informar.

NON HAI NADA QUE INFORMAR e FUNCIÓN PÚBLICA dixo que NON SE CONVOCABA concurso de traslados (como moito para os grupos IV e V, e sempre que se acordaran refundición categorías, e dicir, modificación do convenio sen devolvernos nin un dos dereitos roubados)?

NON HAI NADA QUE INFORMAR cando hai unha OPE de prazas das escalas de funcionarios/as de SERVIZOS SOCIAIS e BOMBEIROS/AS FORESTAIS, onde FUNCIÓN PÚBLICA dí que podemos acceder por libre?

Podemos permitir que nos sigan tomando o pelo? Tanto CC.OO e UGT, como a XUNTA DE GALIZA de FEIJOO?

Dende a CIG dicimos NON¡¡¡ e, por suposto, a CIG VAI A FACER ASEMBLEAS INFORMATIVAS COAS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE TODO O PAÍS PARA DECIR QUE É CADA QUÉN¡¡¡¡¡