O CIG presentou por rexistro escrito dirixido a Función Pública solicitando a convocatoria urxente da Comisión de seguimento do Acordo de Integración. O motivo son os reiterados incumprimentos por parte da Administración na aplicación do Acordo asinado no mes de febreiro de 2017, especialmente no referido a Listas de substitución e RPT.

O propio Acordo prevía expresamente que no prazo de 3 meses se procedería a incorporación no Rexistro Central de Función Pública da Relación de postos de Traballo do Consorcio así como que se procedería a abrir un prazo extraordinario para a apertura de listas e realizar as contratacións a través do Decreto 37/2006.

Estes incumprimentos reiterados, e a distorsión continua na aplicación dos beneficios do Convenio en canto a horarios, permisos e cursos leváronnos a considerar que se en 15 días non se convoca a Comisión daremos por morto o Acordo e solicitaremos a mediación/arbitraxe prevista na Lei 2/2015 do Emprego Público de Galiza.