A CIG critica que o ton xeral da xuntanza fose de “falta de respecto, mala fe negociadora e actitude despectiva” e trasladou o malestar do comité de folga (CIG e UGT) pola actitude da Xunta e polo seu pouco afán negociador. Pola contra, "o comité de folga si que temos vontade de chegar a un acordo porque entendemos que a sociedade non pode permitirse a perda dun servizo público esencial”.

O comité de folga acordou adiar a folga no caso do persoal do Servizo de Conservación da Natureza (axentes medio ambientais), “pero non só para garantir o servizo, senón tamén a seguridade e a protección destes/as traballadores/as, xa que os servizos mínimos só fixan unha persoa por día”. Neste senso, lembramos que aínda están pendentes de que o xulgado decida sobre a denuncia presentada a respecto destes servizos mínimos, “para que sexan fixados atendendo a realidade do servizo”.

A suspensión da folga sería por un día, “á espera de que mañá a Xunta nos presenta unha nova proposta que, segundo adiantaron, recollerá algunhas das nosas reivindicacións”. Mentres, a convocatoria de folga do persoal de Medio Rural continúa sen cambios (pasando a ser indefinida a partir deste mércores día 1.