Dado que  o helicóptero de substitución non cumpre as características do  Prego de prescricións técnicas artigo 2.3 "características técnicas do helicóptero de tipo pesado" no tocante ao peso do aparato, capacidade de persoal de transporte, capacidade mínima do Bamby Buckett entre outras

Que concretamente o helicóptero Bell 212 non tén capacidade para traballar 2 horas seguidas máis o tempo de regreso a base, xa que este helicóptero só conta con depósito de combustible para 2 horas polo que non podería facer Máis de hora e media (xa que farialle falla o reto do combustible para o regreso a base a repostar con ún mínimo de seguridade)

Que o helicóptero Bell 412 ten sobrepeso por instrumental (radar entre outros) de máis de 400 KG o que supón a perda deste na capacidade do helibalde.

Que esta administración contratou un helicóptero pesado e está sendo substituido por outros con condicións inferiores, e que dito helicóptero non voltará a base de Toén xa que está averiado  e a empresa non o vai arranxar (custa máis a reparación que o helicóptero).

Ante todas estas irregularidades e incumprimentos a CIG ven de solicitar a rescisión de contrato A Inaer Galicia (actualmente Babcok)/Consultoría Natutecnia S.L por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo (artigo 10.10 do Prego de cláusulas administrativas).