Facendo unha declaración de intencións en toda regra, a recentemente nomeada conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez quixo homenaxear o Día Internacional dos Maiores e non tivo mellor ocorrencia que facelo visitando o luns 1 de outubro a residencia de maiores privada DomusVi, en Ribeira.

DomusVi é unha das 163 residencias de anciáns e de atención diúrna pertencentes a un grupo internacional, segundo din no seu web, “a maior rede de centros e servizos de atención ás persoas”.

A conselleira ten todo o dereito a visitar o que considere, pero por se o esqueceu, lembrámoslle que a consellería que dirixe dispón dunha rede pública de residencias de maiores e ben puido comezar as súas visitas por facelo a un centro de xestión pública.

Así, de paso, podería coñecer de primeira man as carencias en materia de persoal e medios así como os excesos que se producen nos seus centros.

Ai Fabiola, Fabiola, que mal comezas..!