A CIG-Autonómica ven de solicitar novamente a rescisión do contrato a Inaer Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) por incumprimento reiterado das prescricións técnicas que rexen o contrato de prestacións de servizos dos helicóptoros de loita contra os lumes.

A CIG indica que a empresa ten un contrato dun helicóptero e brigada, con destino no SPDCIF para os anos 2015, 2016, 2017 e prorrogado ate o 2019 con destino na base de Toén en Ourense pero a empresa concesionaria leva dende o mes de xullo de 2017 sen o helicóptero Puma matrícula EC-JYP obxecto do contrato e foi substituído por outro superpuma AS332L2.

Que o helicóptero substituto ten un helibalde limitado a unha capacidade de soamente 2.200 litros cando o artigo 2.2 do prego de prescricións técnicas que rexen a contratación esixe "un helibalde cunha capacidade mínima de 2.400 litros". A base non conta, tampouco cun helibalde de reposto, e ademais podería ter unha capacidade de carga en eslinga 3.500 litros ao tratarse dun aparato coa potencia suficiente.

Por todas estas irregularidades a CIG-Autonómica ven de solicitar a rescisión do contrato á empresa Inaer Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) por unha irregularidade que se ven a acumular ás numerosas máis que ten denunciado este sindicato.