Un helicóptero Augusta Bel 412 Grifón ten o seu helibalde limitado a algo menos de 1.000 litros cando o prego de condicións técnicas que rexe o contrato é de 1.300.

Ademais do anterior o citado helicóptero non ten ningún tipo de escaleira ou peldaño para que poida subir a brigada ao aparato o que produce que teñan que superar unha distancia vertical de 96 cm o que pode supoñer riscos e lesións ademais de dificultar as operacións de embarque e desembarque dos integrandes da brigada helitransportada podendo dar lugar a potenciais accidentes de traballo.

O helicóptero, de máis de 30 anos de antigüidade, pertence a empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock/Consultoría Natutecnia, S.L.) que acumula numerosas irregularidades que xa temos denunciado dende a CIG-Autonómica.

A CIG ven de solicitalle á Consellaría do Medio Rural que se tomen as medidas oportunas para que a empresa solucione o problema da carencia da escaleira para subir ao elecóptero e a correspondente sanción ou, no seu caso, a rescisión do contrato por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do contrato no tocante á capacidade do helibalde.