É casualidade que isto suceda xusto cando estamos a demandar melloras laborais e a carreira profesional para os empregados da Xunta de Galicia? Non pasáramos pola mesma campaña de desprestixio xunto antes de aplicarse os recortes mais bestias ao comezo da crise que foron permanentemente implantadas coa Lei de medidas 1/2012?

Dende a CIG esiximos a derrogación da Lei de medidas, coa devolución do complemento para chegar ao 100% nas baixas por IT, a xubilación parcial e anticipada para todo o persoal a recuperación salarial, o Fondo de Acción Social, a eliminación da taxa de reposición e ademais loitamos por medidas concretas na CONCILIACIÓN laboral coa vida persoal e familiar como:

Semana laboral de 35 h.

Horario de verán para todo o persoal e dende o 1 de xuño ao 30 de setembro, coa aplicación proporcional para o persoal que ten reducción de xornada, compensación para persoal que non pode por motivos de atención ao servizo.

Bolsa de horas positiva por exceso de xornada.

• Fomentar a conciliación con adaptación fronte a redución de xornada, tamén para o persoal a quendas.

• Potenciar o teletraballo e indicar os postos con posibilidade de teletraballo na RPT. 

• Aumentar a idade da menor para acollerse a conciliación familiar aos 14 anos incluído ata o remate do curso escolar.

Formación en horario laboral ou compensación do tempo investido.

• No deber inexcusable introducir enfermidade menor ou maior dependente como días de ausencia non recuperables (no cargo de flexibilidade).

As administracións e empresas mais modernas, con menor horario laboral, mais medidas de conciliación e seguridade laboral obteñen maior rendibilidade, un menor índice de absentismo e bo clima laboral. QUEN É A RESPONSABLE?