A CIG denunciou que varios helicópteros de extinción tiñan helibaldes limitados a menor capacidade do contrato asinado pola Consellería de Medio Rural e a empresa concesionaria.

Polas nosas denuncias a empresa tivo que facer cambios de helicóptero pero nos atopamos coa esperpéntica situación de que un helicóptero con helibalde limitado foi substituído por outro helicóptero cun helibalde tamén limitado.

A empresa UTE-INAER Galicia (actualmente Babcock) /consultaría Natutecnia ,S.L CIF U70449558 contratada pola Xunta de Galicia Consellería de Medio Rural para o servizo de helicópteros e brigadas, con destino ao S.P.D.I.F.

A citada empresa concesionaria ten na base de Marroxo un helicóptero Augusta Bell AB412SP con Matrícula EC-LBL fabricado no ano 1989 co número de serie 25600 que substituíu dende o día 6 de outubro ao anterior despois da nosa denuncia por incumprir o prego de condicións ao levar menos cantidade de auga no bambi e ao faltarlle un escalón para que o persoal puidese subir ao aparato a unha altura menor aos 90 cm.

Ese helicóptero non ten ningún tipo de escaleira ou peldaño para que poda subir a brigada ao citado aparato, tendo que subir demasiada altura o que pode producir lesións durante os traballos de embarque e de desembarque dos integrantes da brigada, podendo dar lugar a posibles accidentes e leva un helibalde limitado con algo máis 1000 litros de auga, moito menos do que establece o pliego condicións técnicas (1300 l).

Á vista do acontecido esiximos, novamente, que se tomen as medidas oportunas para que a empresa solucione o problema da carencia de escaleira para subir ao helicóptero e a correspondente sanción ou rescisión de contrato por incumprimento reiterado das prescricións técnicas do servizo no tocante a capacidade do helibalde.