Polo que,

- NON É CERTO que o vindeiro ano se incremente en 600 efectivos o persoal do SPDCIF, nada mais que se trasladan á Xunta os postos de traballo que en anos anteriores contrataba na época de alto risco a empresa pública Servizos Agrarios Galegos S.A. (SEAGA). O incremento total de efectivos é cero.

- NON É CERTO que se aposte pola prevención xa que case a totalidade do presuposto deste servizo gástase en extinción de incendios, máis de 100 millóns de euros anuais. Desmóntase así a farsa da prevención cando nestes días a Consellería do Medio Rural envía ó paro a máis de 1.000 traballadores/as do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia (SPDCIF), bombeiros forestais, vixilantes, emisoristas e operadores serán enviadas ao paro entre o 31 de outubro e o 30 de novembro.

Dende a CIG xunto coas organizacións sindicais CCOO, UGT e CSIF instamos ao novo conselleiro a unha xuntanza urxente para constituír unha mesa de diálogo e negociación co fin de buscar solucións a problemas tan serios como a temporalidade e a precariedade laboral.