O mércores 21, a CIG mantivo unha xuntanza cos grupos parlamentares de En Marea, BNG e PP para falar da Lei básica estatal de axentes forestais e seguridade medioambiental. Salientamos que esta lei debe adecuarse á realidade galega e incluir as enfermidades profesionais, coeficientes redutores e non invadir competencias autonómicas.

De ir adiante a lei básica tal e como está prevista, é lesiva para Galiza xa que lle da a volta ao SPDCIF, pasando a coordinación dos lumes aos servizos de proteccion civil e emerxencias (bombeiros), segue na teima da "colaboración coas forzas e corpos de seguridade" nunha competencia exclusiva da Galiza, e falla en canto a seguridade e saúde o cadro de enfermidades profesionais e xublilacion anticipada.

Xa estivemos no congreso o 31 de outubro para que recolleran as emendas da CIG e asi rectificar a lei. Agora tócalle aos políticos da Galiza traballar cos seus grupos para o seu impulso e apoio.