Diante deste panorama, e da inexistencia de negociación posterior, na CIG puxémonos mans a obra para analizar polo miudo a proposta da Administración co fin de mellorala no que considerabamos necesario e sobre todo factíbel dentro do orzamento que a Xunta dispoñía para este proxecto.

Así, unha vez cuantificada a oferta que a Xunta esta disposta a aprobar, e dentro dos mesmos ou semellantes números, a CIG fai chegar aos grupos parlamentares e á propia Consellería unha proposta que recolle :

  • Duplicar o número de brigadas: Isto garantiría a maioría das coberturas durante os 365 días do ano e una aforro respecto da proposta da Xunta.
  • Maior seguridade xurídica e condicións laborais dignas e acordes ao servizo de emerxencias que somos, polo que esiximos unha duración mínima de 9 meses para as ampliacións e novos contratos.
  • Formación para o SPDCIF, por necesidade e tal e como recolle a lei, a formación inherente á profesión, recollida e regulada no Decreto 624/2013 de 2 de agosto.
  • Brigadas helitransportadas con persoal contratado directamente pola Xunta.
  • Un plan de mellora continua para as instalacións que utiliza o persoal do SPDCIF.

Estas son as liñas mestras do Plan presentado pola CIG, que agardamos sexa escoitado polos diferentes grupos parlamentares así como polas partes que elaboraron o plan da Consellería do Medio Rural e da Dirección Xeral da Función Pública.

Destes encontros iremos informando segundo se vaian producindo nos vindeiros días.