Resulta que os cursos de formación válidos son os da EGAP e escolas de formación análogas do Estado e demais comunicades autónomas, os da Academia de Seguridade, e os de sindicatos. Isto exclúe os cursos de galego e os que as consellerías fixeron pola súa conta.

Algúns exemplos de cursos das consellerías (organizados por interese e en beneficio da Administración),e que non son recoñecidos, son, por exemplo, os seguintes:

  • Curso de iniciación para a informatización das secretarías de centros educativos” (40 horas)
  • Formación en medios informáticos” (30 horas), organizado dentro do plan de formación do profesorado.
  • Curso de perfeccionamento en informática para persoal adscrito ás secretarías dos centros educativos - proxecto estrela” (30 horas).

O Acordo de Concertación fixa outros posíbeis criterios de avaliación (dispoñíbeis no texto do Acordo). O último deles permitiría incluír a quen traballou dous anos en postos con características de illamento, soidade ou distancia con centros de formación.

Os criterios regulados no Acordo son de aplicación unicamente para o acceso anticipado aos graos I e II. Os demais casos non están regulados e non somos quen de imaxinar os problemas que pode xerar no futuro ao non coñecer cales serán as esixencias.

Como posíbeis solucións, solicitamos flexibilidade na súa interpretación, ou que habiliten de urxencia dende a EGAP cursos de teleformación, ou que na Orde que regulará o acceso extraordinario ao grao I se contemple que os requisitos de formación se teñan nun prazo de 6 meses. Pero en vista dos numerosos problemas que ten, a CIG directamente reclama a renegociación do Acordo de Concertación asinado por CCOO, UGT e o goberno de Feijoo.