Voto: CIG abstención, CCOO e UGT a favor, CSIF en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.

PROCESO SELECTIVO ORDENANZAS

Cambios respecto do borrador da Mesa Xeral:

  • No primeiro exercicio reducen as preguntas de 70 a 60 (20 da parte común e 40 da específica). Cada pregunta contará con tres respostas alternativas.
  • Na fase de concurso, o epígrafe de experiencia profesional contempla:
    • Servizos prestados como persoal funcionario de carreira na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados como persoal laboral na categoría 003 (ordenanza e outras) do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, a razón de 0,1 puntos por mes completo de servizos.
    • Servizos prestados baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suiza valoraranse a razón de 0,05 puntos por mes completo de servizos.
    • O cociente enteiro pasa de 0,06 a 0,1 ou 0,05 segundo corresponda. A puntuación máxima deste epígrafe pasa de 16 a 13 puntos e a puntuación máxima da formación pasa de 4 a 3 puntos.
    • Introducen o epígrafe Permanencia na categoría:
      • Por cada cinco anos de prestación de servizos continuados e ininterrumpidos na categoría 003 do grupo V de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia 1 punto. A puntuación máxima deste epígrafe é de 4 puntos.
    • A puntuación do epígrafe de formación pasa de 4 a 3 puntos.
  • No temario común, igual redución do tema 1 que no proceso de subalternos e eliminación do tema 3 da lei 39/2015,

Voto: CIG abstención, CCOO e UGT a favor, CSIF en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.

PROXECTO DE DECRETO DE MOBILIDADE

Proxecto de decreto polo que se aproba o procedemento de mobilidade do persoal funcionario de carreira da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.

Unha oportunidade perdida.

Sen cambios respecto do borrador da Mesa Xeral. Voto: CIG, CCOO, CSIF e UGT en contra. Descargar texto aprobado na Comisión de Persoal.

OUTROS ASUNTOS

Procesos selectivos

  • Informa o DXFP que:
    • Nesta semana ou na seguinte publicarán todos os tribunais dos procesos selectivos de A1, A2, C2 e camareiros/as-limpadores/as cuxos exames serán na 2ª semana de abril e dos procesos de Promoción Interna cuxos exames serán na 2ª semana de maio.
    • Están facendo cambios na aplicación informática para apuntarse aos procesos selectivos que facilitarán dito trámite e que contan con telos listos en abril-maio.
  • Preguntamos pola elección de destino de biólogos/as do 2014: resposta que "están niso". Posteriormente (o venres 8), recibimos correo de Función Pública coa relación de prazas que teñen previsto ofertar como destino provisional, con prazo de alegacións ata o mércores 13. Contacta coa CIG. Segundo nos indican, as prazas que figuran son: vacantes sen ocupación, vacantes ocupadas en comisión de servizos, e as prazas das persoas que consta que teñen superado o proceso selectivo.

Carreira profesional: Posteriormente á Comisión de Persoal houbo unha xuntanza non prevista onde o DXFP informou de aspectos da orde de carreira profesional. Dixo que é un tema procedimental que queren que sexa o máis rápido posible. Van eliminar o da chave 365 e permitirán a solicitude en papel porque hai moito persoal laboral e algún funcionario que non ten acceso ao Portax. Están traballando co servizo de Persoal da consellería de Sanidade para a inclusión do persoal da lei 17 na carreira profesional. Tamén están traballando coordinadamente con Orzamentos, Intervención Xeral, CIXTEC e AMTEGA coa intención de ter publicada a orde en marzo.
Con respecto ao persoal en excedencia por coidado de fillos/familiares a cargo, o DXFP aclara que este persoal terá dereito á carreira profesional a efectos administrativos e con efectos económicos en canto se incorpore ao traballo. Contemplan mirar a afectación da carreira profesional ao resto de posibles situacións administrativas do persoal.

Funcionarización: O xoves 7 de marzo enviarán o proxecto de decreto de funcionarización no que se detallarán os efectos da funcionarización en aspectos como, por exemplo, a promoción interna vertical e cruzada. A intención de FP é non crear moitas escalas novas. Na semana que vén haberá unha xuntanza. Avanza o DXFP que o persoal non integrado por non cumprir os requisitos de integración non se pode funcionarizar e para o que non quixo integrarse “o ve difícil”.
Finalmente chegounos a proposta de decreto de funcionarización o venres 8, grazas á indiscreción dalgunhas persoas, xa que a CIG non tivo o privilexio de ser un dos sindicatos amigos do director de función pública. Non o facemos público porque non nos chegou "oficialmente", pero se queres consultalo visitanos ou chámanos por teléfone. Poremos o asunto en mans da nosa asesoría xurídica.

Fundación Cidade da Cultura: A CIG volve preguntar pola aplicación do V Convenio ao persoal desta fundación. Resposta o DXFP que aínda non o miraron.